Hai días especiais que as palabras dos libros adquiren rostro e voz, e veñen ata nós en forma de persoas que comparten de modo xeneroso entusiasmo e lecturas, oficio e misterio, paixón e poemas; así foi o luns 20 de marzo, nunha hora de coloquio onde os membros de Animal Escondido tivemos a sorte de descubrir a Ismael Ramos e Alba Cid, ben acompañados por Antía Otero, editora desa fermosa colmea literaria chamada Apiario; grazas aos tres por compartiren con nós algúns segredos da escrita, e por darnos azos para seguir devorando poemas, e quizais tamén para atrevernos nun futuro próximo a soñar algún verso propio que aínda non sabemos que pinta terá! Beizóns e ata a próxima!
Amosando publicacións coa etiqueta Antía Otero b>. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de marzo de 2017
Día Internacional da Poesía: visita d@s poetas Alba Cid, Ismael Ramos e Antía Otero
Hai días especiais que as palabras dos libros adquiren rostro e voz, e veñen ata nós en forma de persoas que comparten de modo xeneroso entusiasmo e lecturas, oficio e misterio, paixón e poemas; así foi o luns 20 de marzo, nunha hora de coloquio onde os membros de Animal Escondido tivemos a sorte de descubrir a Ismael Ramos e Alba Cid, ben acompañados por Antía Otero, editora desa fermosa colmea literaria chamada Apiario; grazas aos tres por compartiren con nós algúns segredos da escrita, e por darnos azos para seguir devorando poemas, e quizais tamén para atrevernos nun futuro próximo a soñar algún verso propio que aínda non sabemos que pinta terá! Beizóns e ata a próxima!
xoves, 1 de decembro de 2016
Café con verso (1)
"Na colmea
as abellas
nunca teremos
cintura de avespa"
Antía Otero, O cuarto das abellas, Xerais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)